Unha gran concentración de barbanzanos mobilizáronse esta mañá en vigo pola pesca do bocarte

Centos de persoas iniciaron ás 8.30 horas desta mañá unha protesta na dársena nº 4 do peirao de Vigo para protestar por non dispoñer de cotas para poder pescar bocarte.
O presidente de Acerga non faltou a esta cita na que tripulante e armadores nos seus buques, pedían ás autoridades pesqueiras e ao presidnete da Xunta que solucionen esta problemática.
O sector reclama ao ministerio que cumpra o compromiso adquirido polo anterior secretario xeral de Pesca, o andaluz Carlos Domínguez, e faciliten a Galicia coubo suficiente para poder pescar bocarte na zona (novena) IXa (de Fisterra ao golfo de Cádiz). Necesítana desde febreiro, cando pechou a pesqueira nesa zona. Pero reciben soamente o 1,14 % de todo a cota que se conseguiu a maiores. Nun primeiro intercambio con Portugal, Galicia levou 6,8 de 600 toneladas. No último acordo co Goberno luso, a finais de xullo, a comunidade rabuñou outras 5,7 toneladas, fronte ás 494 que se irán para Andalucía.
Unha problemática que afecta a todo o litoral galego e ten especial incidencia na comarca do barbanza.
Son 125 os buques que ven pasar a anchoa por diante dos seus ollos e non poden facer nada por non dispoñer de cota.

https://www.youtube.com/watch?v=i5pOGstQtS0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.