21 días e sen rastro de MANUELA LORENZO

Xa pasaron 21 días e Manuela Lorenzo Romero segue sen aparecer. Polo de agora o operativo que estaba programado para a súa busca cesou o seu Traballo no día de hoxe, e dende esta mañá familiares e veciños continúan na procura do seu Corpo.
Fai unha semana o fillo da septuagenaria comentaba que se podía tratar dun crime, pois aseguraba que que Manuela sempre saía a pasear sen cartos pero tamén que soia levar unha cadena e un reloxo de moito valor, o que leva a pensar que alguen se quixo aproveitar disto.
Baraxaba tamén a posibilidade dun atropelo que puido acabar coa súa vida e que fixo fuxir ao culpable co cadáver.
As rúas máis transitadas dos concellos limítrofes mostras o rostro da desaparecida, pero polo de agora ninguén notificou a súa aparición.

https://www.youtube.com/watch?v=WfLCxiJOQDg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.