A Pobra do Caramiñal, exactamente o restaurante Pazo Torre de Xunqueiras, acolleu hoxe a celebración de Santa Rita por parte dos distintos alcaldes dos municipios do Barbanza, así como dos funcionarios que desempeñan o seu traballo nas casas consistoriais no día a día.
https://www.youtube.com/watch?v=TqXGx4AOtN8
Desta maneira, intercambiaron distintas opinións nunha xornada de confraternización para todos eles. Como cada ano, as casas consistoriais dos municipios permanecen pechadas para celebrar o tradicional día de Santa Rita.