O ferrolán Edelmiro Leira xunto co seu can proclamouse o pasado domingo gañador da sétima edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Ribeira’: unha competición celebrada no monte Curota, na zona coñecida como Chans de Folgoso, que tras as inscricións de última hora logrou reunir un total de 37 participantes, erixíndose nun dos certames cinexéticos con máis competidores de Galicia.
Acompañaron no podio a Edelmiro Leira un cazador de Viveiro, René Vale e outro de Fisterra, Juan José Canosa sendo os seguintes clasificados Manuel Leonardo, Carlos Lalín, Jorge Martín, Ramón Carnero, Antonio Fraga, Roberto Dopico e José Zamora.
Organizada pola Sociedade Caza e Pesca de Barbanza coa colaboración do Concello e o patrocinio de numerosas entidades da comarca, a cita foi puntuable a Copa Galicia e reuniu participantes das catro provincias da nosa autonomía, Asturias e Portugal.
https://www.youtube.com/watch?v=ul1913piZgw