O concello da Pobra do Caramiñal acolleu esta mañá unha nova Xunta de seguridade na que se realizou un estudo comparativo do primeiro semestre deste ano con respecto ao do ano anterior. Tratáronse 4 temas fundamentais: a seguridade cidadá, os incendios, a seguridade nos espectáculos pirotécnicos e a coordinación policial: local, da garda civil e de protección civil.
En canto á seguridade cidadá cabe detacar un notable repunte dos delitos contra o patrimonio e dos roubos, así como un necesario aumento da vixiancia nas zonas costeiras polo incremento da actividade furtiva. O aumento do vandalismo é tan forte que o alcalde ve a necesidade de convocar unha segunda reunión a finais de ano ou principio do que ven pata tratar de poñer solución a esta lacra e poder así garantir a seguridade cidadá, en caso de que non cese con anterioridade.
En canto aos incendios tamén se nota un incremento bastante forte con respecto ao mesmo período do ano pasado.
A esta xunta acudiron subdelegado do goberno, Jorge Atán, o capitan da garda civil de Boiro, Jorge Rodríguez, o xefe da Policía local da Pobra, Ramón Valiño, un representante da policía autonómica, o cabo da garda civil da pobra, a secretaria do concello, Eva Casado, o edil Miguel Alamancos e o alcalde Xose Lois Piñeiro.