O mal tempo que azouta a Ría de Arousa non supón un problema para os turistas que queren visitar a costa galega.
A secretaria do camping Ría de Arousa II de Cabío aseguraba que non hai anulacións de reservas debido ao mal tempo e que as previsións para as fins de semana estan preto de acadar o 100% de ocupación mentres que durante a semana ronda o 70%.
Galegos de Lugo e de Ourense e persoas doutras comunidades autónomas son as que encontran máis atractivo turístico os campings de Arousa.
Esta mañá nenos e adultos disfrutaban das actividades que se ofertan no camping, unha forma de esquecer o mal tempo que non permite ir á praia.
https://www.youtube.com/watch?v=w22L8P2RLSk