A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras puxo hoxe de servizo a glorieta principal desde a Autovía do Barbanza (AG-11) cara o Porto de Ribeira, dende a estrada AC-305 Padrón- Ribeira.
O director da Axencia Galega de Infraestructuras (AXI), Francisco Menéndez, a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, asistiron hoxe á posta en servizo desta infraestrutura de ordenación do tráfico que beneficiará a 27.000 habitantes do Concello de Ribeira, e, sobre todo, ao tráfico pesado que accede á zona portuaria.