A 2º fase da recuperación da XUNQUEIRA non se contempla nos orzamentos de 2016 do estado

A segunda fase da recuperación da Xunqueira da Pobra do Caramiñal non formará parte este ano do proxecto de ornamentos estatal.

Así o denunciaban o pasado luns integrantes do BNG do Barbanza e así o asegurou esta mesma mañá o alcalde da Pobra, Xose Lois Piñeiro.

Lois asegura que non é tempo de pensar na segunda fase do proxeto porque aínda queda moito que facer antes de saber o que finalmente pasará coas naves industriais.

Se finalmente se procede a demoler a infraestructura esta actuación será financiada novamente pola demarcación de costas. Pero dende Nós Pobra aseguran que farán o posible por conseguir un ornamento que permita a súa rehabilitación.

Polo de agora estase a traballar na primeira fase para a súa recuperación medioambiental, unha actuación financiada pola demarcación de costas, que ascende a un total de 1,6 millóns de euros e que estará rematada nun período de 12 meses.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.