Máis de 200 corredores xa están anotados na SEGUNDA CARREIRA POPULAR DE CORRUBEDO

Este sábado 15 de agosto terá lugar na localidade de Corrubedo a segunda edición da súa carreira popular: unha iniciativa organizada pola asociación O Cabo en colaboración co Concello de Ribeira, que está chamada a repetir as boas cifras de participación da súa convocatoria inaugural.

Así, a falla de pouco máis de 12 horas para que conclúa o prazo de inscripción son 219 os corredores anotados nestes momentos e segundo a organización espérase un alto volume de interesados que se anotarán de aquí a medianoite.

A proba absoluta arrancará ás 10 horas dende a zona portuaria para completar un itinerario de 11.300 metros de lonxitude que atravesará na súa maior parte a ruta de sendeirismo circular existente na parroquia, visitando lugares como o nucleo histórico, o parco dunar, O Corgo, Balieiros ou o entorno do faro de Corrubedo.

Os vencedores do ano pasado foron Pedro Nimo e Priscila Suárez.

https://www.youtube.com/watch?v=b7zW_LSCWxo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.