UNHA FAMILIA DE RIBEIRA con 10 fillos acude a stop desafiuzamentos en busca de axuda

Unha familia ribeirense de etnia xitana acudiu esta mañá ás instalacións da Plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza para pedir axuda.
Trátase dunha unidade familiar formada por doce persoas, o pai, a nai e 10 fillos e fillas, 8 deles menores de idade.
O único ingreso que actualmente están a ter é unha axuda familiar de 426 euros que cobra o pai dende que non ten traballo.
A nai, pola súa banda, consigue traballar de vez en cando para cubrir algunha baixa ou día libre.
Na tarde de onte cando Antonio Costa Díaz acudiu ao caixeiro do BBVA encontrouse con que a súa conta estaba embargada.
Esta mesma mañá acudiu á sucursal da entidade e alí aseguráronlle que o seu embargo procedeu debido á falta de pago dun recibo de auga.
Seguidamente, Costa Díaz transmitiron a súa desesperación á Plataforma de Stop Desafiuzamentos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.