O peirao de Cabo de Cruz vai ser escenario este venres ás 21.00 horas dunha concentración organizada polas familias e amigos de Antonio Hermo Torrado e Santiago Blanco Treus, mariñeiros desaparecidos na traxedía do bateeiro Paquito Nº2, no que se reivindicarán as accións necesarias para tentar recuperar os seus corpos.
O pasado 4 de marzo a Capitanía Marítima de Vilagarcía afirmaba que soamente quedaba esperar o bo tempo para que a operación puidera facerse con todas as garantías, polo de agora aínda non comezaron as actuacións.
Integrantes de Boiro Novo aseguran que asistirán á concentración. A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, lembrou aos mariñeiros desaoarecidos esta fin de semana na XIV Exaltación do mexillón de cabo de cruz.
https://www.youtube.com/watch?v=g8piQ9GzYdU