martes, octubre 3, 2023

BREAKING

A toxina pecha os bancos marisqueiros de MUROS catro días despois da súa apertura

Pouco lle durou a alegría aos mariscadores da confraría de Muros, cuxos bancos marisqueiros volven estar clausurados pola presenza de toxina. A noticia, como explicaba o patrón maior, Daniel Formoso, caeu como un xerro de auga fría porque o peche se decretou a última hora do venres, só catro días despois de que se reabrisen as concesións tras un mes de inactividade, debido tamén á marea vermella.
Os profesionais estaban contentos porque a pasada semana, debido á elevada demanda, o bivalvo vendíase, incluso, a prezos superiores aos de antes do peche. As altas cotizacións animaron aos produtores, que crían que, desta forma, poderían recuperar as semanas de inactividade. Con todo, non foi así. A última hora da mañá de onte, o patrón maior confiaba en que as mostraxes resultasen favorables e a mediados desta semana os mariscadores poidan regresar aos areais. A pesar de todo, non se mostraba especialmente convencido despois da mala serie.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.