“Esperábase Unha Recuperación Da Sardiña Pero Volveu A Caer”

O pasado martes día 15 de xullo a lonxa de Ribeira recibiu unha cantidade de 900 caixas de sardiña, de 14 kilos cada unha que se venderon a un prezo de entre 40 e 50 euros caixa. Pero para a súa sorpresa cando se esperaba unha recuperación da sardiña esta volveu a caer.
Esta mañá chegaron tan só 30 caixas de sardiña á costa mentres que onte a cifra era insignificante.

Pola contra, cabe destacar, que o lirio, o xurel e a pescadilla están a encher as caixas da lonxa de Ribeira e, en consecuencia, estanse a vender a prezos bastante aceptables.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.