ROSA QUINTANA asegura que hai que reestructurar o sector lácteo

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, afirmou onte que non hai «solucións máxicas» ante a crise do sector lácteo, e incidiu en que a liña a seguir a medio e longo prazo é unha reestruturación. Durante un acto en Ribeira, a conselleira sinalou que a curto prazo se habilitaron liñas de axudas para os gandeiros que nestes momentos teñan dificultades económicas. E a medio e longo toca «traballar» nesa reestruturación do sector, potenciar a industria que lle dea un maior valor engadido ao produto «e que iso axude de verdade a estabilizar» o negocio.
Recordou á vez que membros do Goberno galego reuníronse en 47 ocasións en Galicia con organizacións agrarias e sindicatos e que en Madrid nos últimos meses houbo 15 citas, cunha nova o próximo 18 de agosto.
Mentres, os gandeiros das comarcas de Arzúa e Melide sacaron os seus tractores para protestar pola situación, tal como xa ocorreu en Santa Comba e Chantada a última semana.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.