O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pon en valor o labor do corpo de Gardacostas de Galicia e subliña que salvaron máis de 1.500 vidas ao longo dos últimos 25 anos.
Así o destacou o titular do Goberno galego en Ribeira, no acto de conmemoración dos 25 anos do Servizo Aéreo de Rescate, a onde asistiu acompañado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.
Alí tamén estaba o alcalde de Ribeira que agradeceu ao mandatario o esforzo da Xunta.
Alí, o titular da Xunta gabou o traballo do sistema galego de rescate no mar, representado polo corpo de Gardacostas de Galicia, froito da unión en 2004 do Servizo de Busca e Salvamento e o Servizo de Vixilancia Pesqueira en aras dunha mellor coordinación. Como apuntou Feijóo, este servizo de emerxencia cumpre 25 anos nos que os seus integrantes arriscaron a vida moitas veces por salvar as dos demais e nos que garantiron que o mar sexa un lugar menos perigoso.
Neste senso, o presidente do Goberno galego lembrou varios episodios de rescate nos que os gardacostas tiveron que intervir.
O presidente da Xunta quixo lembrar tamén a aqueles que non puideron ser rescatados do mar e afirmou que a coroa de flores lanzada á ría ao inicio do acto representa unha homenaxe a esas persoas.
https://www.youtube.com/watch?v=0f98k4isDAo