No ano 2014 producíronse en Galicia máis de 235.000 toneladas de mexillón, cun valor próximo aos 100 millóns de euros. Esta produción –que representa o 95% do total do volume da acuicultura galega– supuxo un 28% máis que o ano anterior. Así o destacou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, durante a súa intervención na XIV Exaltación do Mexillón de Galicia de Cabo de Cruz, que se celebrou a pasada fin de semana en Boiro.
Rosa Quintana sinalou que desa cantidade total, máis de 58.000 toneladas e un valor superior aos 25 millóns de euros –equivalente ao 25% do total de Galicia– corresponde á comarca do Barbanza.
A conselleira tamén estivo presente na festa da solla que se celebrou na parroquia rianxeira de Leiro.
Un ano máis, e coincidindo cun día de festa en Cabo, disputouse a vixésimo quinta Bandeira Concello de Boiro de remo na que se impuxo Hondarribia, que xa suma sete vitorias na actual liga ACT tras parar o crono en 19?42?01, avantaxando en 13 segundos a Urdaibai e en 18 segundos a Orio.
https://www.youtube.com/watch?v=mAubdk8QxiE