A conselleira do Medio Rural e do Mar aseguraba esta mañá que o lume de Lousame está controlado desde as 11:15 horas.
Tras o incendio rexistrado onte en Corrubedo, o lume non abandona a comarca. Ás 15.15 horas de onte iniciouse un novo na zona de Tállara, en Lousame que, afectou a unha zona boscosa de máis de 40 hectáreas. A pesar de que os núcleos de poboación están afastados de onde se orixinou o lume, este chegou ás inmediacións dun deles.
Na súa extinción traballan actualmente 1 técnico, 7 axentes forestais, 19 brigadas, 8 motobombas, dúas pas e 4 helicópteros.
Dende a consellería seguen a insistir na intencionalidade dos incendios.
Rosa Quintana aseguraba fai uns días que todo o peso da ley caerá sobre os culpables.
https://www.youtube.com/watch?v=lFNPGHg2JVg