1.500 quilos de polbo, 400 de mexillóns, 150 de churrasco e as 30 empanadas que saíron esta fin de semana dos fogóns de Manuel Veloso, na vixésimo segunda edición da Festa do Polbo en Porto do Son.
O cuarteto tradicional local Rumbía non deixou de soar durante a celebración.
Catro horas para un percorrido de preto de 30 quilómetros entre Boiro e Porto do Son. Non podía tratarse doutra travesía que a andaina anual que realiza o Club Internacional de Trekking do Barbanza. Ás 30 persoas que compuxeron o paseo sumáronse caras novas, como o do colectivo Senda XXI, que loita por recuperar rutas e toponimias esquecidas para o futuro.
O concelleiro Manuel Dean e o alcalde, luís Oujo tamén asistiron ao acto.
Tamén houbo sitio para o doce da Feira do Mel dá Barbanza que cumpriu seis anos sen fallar a esta cita.
Unha tonelada e media de polbo distribuíuse esta fin de semana en PORTO DO SON
Please login to join discussion