A non aprobación do contrato de limpeza polo tribunal administrativo leva a RIBEIRA a perder 150.000 EUROS DE AFORRO

O Tribunal Administrativo de Recursos Contratuais vén de ditar unha resolución tan sorpresiva como inesperada para a asesoría xurídica municipal, que aboca ao Concello a ter que comezar de novo o proceso de licitación do contrato de limpeza pública urbana, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo mediante concesión.

Sen cuestionar en ningún momento as baremacións e puntuacións das ofertas presentadas, o citado tribunal administrativo entende que o contrato tiña que ser tramitado, non como contrato de xestión de servizos públicos, senón como contrato de servizos.

O citado órgano administrativo considera que, a pesar das variables existentes á hora de determinar os ingresos do concesionario, non se está a producir unha transferencia dos riscos relacionados coa prestación do servizo e deduce que a duración máxima incluíndo prórrogas debe ser de 6 anos, previa publicidade do proceso de contratación no Diario Oficial da Comunidade Europea.

O mandatario local asegura que dende o Concello se considera contrario aos intereses dos cidadáns e das propias arcas municipais sufrir unha longa demora á espera de que haxa unha sentencia firme, razón pola cal se decanta por dar comezo a unha nova licitación co fin de implementar canto antes as notables vantaxes derivadas das características do novo contrato.

https://www.youtube.com/watch?v=R_G9wzUHd0M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.