Deportes

O Noia e o Puebla fixéronse con respectivas vitorias coma locais tras vencer ao San Tirso e o As Pontes respectivamente

O Noia conseguiu facerse cos tres puntos tras vencer onte ao San Tirso en San Lázaro. O conxunto noiés rematou vencendo 2 a 0 nun encontro que estivo marcado pola igualdade ata os minutos finais, cando os noieses, por medio de Quintairos, adiantáronse no marcador.

O tanto chegaría no minuto 90, e dous minutos máis tarde, Saviola poñería o dous a cero definitivo. Esta vitoria pódese definir como crucial para o Noia que continúa mantendo a súas aspiracións por un posto de ascenso a terceira división. Por outra banda, o Puebla fíxose cunha gran vitoria tras gañarlle ao líder e campión actual da Preferente Norte, o As Pontes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.