O Noia conseguiu facerse cos tres puntos tras vencer onte ao San Tirso en San Lázaro. O conxunto noiés rematou vencendo 2 a 0 nun encontro que estivo marcado pola igualdade ata os minutos finais, cando os noieses, por medio de Quintairos, adiantáronse no marcador.
https://www.youtube.com/watch?v=cP4B-H_OTNk
O tanto chegaría no minuto 90, e dous minutos máis tarde, Saviola poñería o dous a cero definitivo. Esta vitoria pódese definir como crucial para o Noia que continúa mantendo a súas aspiracións por un posto de ascenso a terceira división. Por outra banda, o Puebla fíxose cunha gran vitoria tras gañarlle ao líder e campión actual da Preferente Norte, o As Pontes.