A casa do mar de Ribeira foi o lugar escollido polo PP Ribeirense para presentar o seu equipo para as vindeiras eleccións municipais, Neste escenario, que contou con cheo ata a bandeira, os populares de Santa Uxía deron a coñecer unha serie de medidas, en total 130, para ilusionar Ribeira, segundo apuntou o seu candidato a alcaldía Manuel Ruíz.
https://www.youtube.com/watch?v=xYkSETJPKX4
A esta presentación acudiron tamén a conselleira e Política Social, Fabiola García, que ademais pecha a candidatura do PP local, e Francisco Conde, conselleiro de economía.