Na tarde de onte o conxunto do Noia Portus Apostoli foi recibido no Concello polo Alcalde, Santiago Freire, e o Concelleiro de Deporte, Ramón Santos da localidade noiesa. A recepción, que tivo lugar na sala de plenos, puxo o colofón a unha tempada cuxa permanencia foi posta en valor tanto por Ramón Santos como por Santiago Freire.
O Noia Portus Apostoli foi recibido onte no Concello polo alcalde do municipio
