Xunta de Galicia

O conselleiro de Facenda destaca que a Lei de reforzo de actuacións prioritarias, aprobada hoxe no Parlamento, permitirá utilizar xa o superávit de 2018

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Reforzo de actuacións prioritarias, unha lei que permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable do exercicio 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos.
https://www.youtube.com/watch?v=8oQCsKnISus
Na súa intervención, destacou que esta lei –que finalmente foi aprobada no Parlamento e será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG)- “é boa para reforzar as principais necesidades dos galegos”.
O titular de Facenda explicou que esta lei supón “un exercicio pleno do noso autogoberno” e servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns, xa que ao superávit de 2018 únenselle outros cinco millóns por aforros de gasto financeiro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.