Francisco Conde subliñou esta mañá a importancia de apostar pola formación para impulsar a competitividade da industria forestal galega -un sector que supón o 12% do emprego industrial da Comunidade-.
https://www.youtube.com/watch?v=Q9yKossy2mU
En concreto, estanse a impartir cursos para o manexo de procesadora e autocargador a través dun simulador que conta cos mesmos programas que unha máquina forestal, polo que a formación ofrecida permite aos alumnos coñecer o modo de axustar a configuración e utilizar o sistema de medición, o que axuda a sentar as bases do coñecemento deste tipo de maquinaria.