TURISMO DE GALICIA impulsa a promoción turística do xeodestino AROUSA NORTE e a súa consolidación como destino accesible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Mancomunidade Ría de Arousa Norte, Juan José Dieste, para a realización de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento da riqueza e do turismo da mancomunidade para, así, contribuír na potenciación do territorio como destino turístico.

Nava Castro explicou que o obxectivo deste convenio é lograr a consolidación do xeodestino Arousa Norte como destino accesible, mellorar a súa comunicación en internet, promover o turismo cultural e deportivo e levar a cabo diversas actividades de promoción.

A través do acordo asinado hoxe, Turismo de Galicia realizará unha achega de 60.000 € para o desenvolvemento de diferentes actuacións que, tal como sinalou a directora de Turismo de Galicia, estarán integradas dúas liñas de actuación: a consolidación do turismo accesible e a promoción de produtos e do destino.

https://www.youtube.com/watch?v=CC2KTKoaonQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.