O 14 de agosto a Pobra do Caramiñal será escenario da edición nº 52 da Regata Ribeiro-Rías de Galicia, a proba máis importante do calendario galego de cruceiros e das tres mellores a nivel nacional.
Pedro Luaces, directivo do Club Náutico de Vigo, que leva a sección de vela, asegurou que van participar máis de 100 barcos cunha flota chegada do Cantábrico, o Mediterráneo e da costa portuguesa.
A flota disputará a segunda etapa entre o Real Club Náutico de Sanxenxo e o peirao pobrense. Serán máis de 26 as millas os ORC 1 e 2 e a clase F18.
No seu percorrido pasará polos faros de Camouco, Esqueiros e Mezos. A partir dese momento os grupos ORC 3 e 4, os Open e os J80 porán o rumbo a Faro Ostreira antes de cruzas a liña de chegada; os ORC 1 e 2 e os catamaráns dirixiranse á Illa de Arousa para a continuación pasar polas balizas Aurora e Moscardiña antes de chegar ao peirao.
Roberto Goñín, explicou que se trata dun proxeto para achegar o viño á xente e explorar as posibilidades comerciais fora de Galicia.
A proba máis dura das catro etapas terá lugar o día 15 de agosto cando dende a Pobra poñan rumbo a o porto deportivo de Combarro.
La flota afronta la etapa más larga con la que a mayores inicia el regreso a casa
https://www.youtube.com/watch?v=04yee4h_8SI