Unha vintena de veciñas de Lousame expón dende hoxe na Casa da Cultura unha selección dos mellores traballos realizados durante o último ano no Curso de Corte, Confección e Patchwork, organizado polo Concello de Lousame. Unha exposición que foi inaugurada na noite de onte mércores pola concelleira de Ensino e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo Filgueira.
A concelleira, explicou que “é un orgullo ter esta exposición en Lousame tanto pola calidade dos traballos que se expoñen como pola súa singularidade. Así mesmo, amosouse convencida de que será unha mostra moi visitada pola veciñanza, que poderá disfrutar dela na sala de exposicións da Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata final de mes.
https://www.youtube.com/watch?v=DzvpwptFeg8