Tal e como afirmou Manuel Paz, o propietario da Estación de Servizo de Santa Uxía, en Ribeira, o prezo do carburante está a sufrir unha intensa baixada.
Esta semana a afluencia de turismo incrementou notablemente nas estacións de servizo da comarca barbanzana. As plaias da zona deron a benvida a centos de persoas ata onte.
Pola contra, a baixada de temperaturas que sofre hoxe a costa galega deminuíu a cantidade de visitantes, e, en consecuencia, a afluencia de xente nas estacións de servizo.
Con respeto ao mes de xullo do ano pasado, Manuel Paz, salientou que se está a notar unha gran diferencia na cantidade de xente, que este ano escasea.
http://youtu.be/xN6v9cH9hmM