Máis de 250 veciños e veciñas encheron o campo da festa de San Roquiño (Tállara-Lousame) na tarde do domingo para asistiren á xuntanza de música tradicional galega, unha actuación programada dentro da XVII Festa do Galego do Concello de Lousame, que culminará na mañá do 17 de maio coa tradicional homenaxe a Zernadas de Castro en Fruíme.
https://www.youtube.com/watch?v=MdrSDz1ZD38
O tempo acompañou, e polo campo da festa de San Roquiño foron pasando os grupos Queicoa, a asociación cultural Canlebó de Camboño, a asociación cultural O Son do Pote de Tállara, o alumnado da UNED Senior de Lousame, a coral de Cando e o grupo de música tradicional de Xolda da Laracha, que remataron facendo unha actuación conxunta.