A XUNTA devolverá aos empregados públicos o 25% da paga extra correspondente ao 2012

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que a Xunta de Galicia adiantará a este ano a devolución aos empregados públicos doutro 25 por cento da paga extra de 2012 suprimida polo Estado co compromiso de “aboala no menor tempo que sexa posible” e que se unirá ao 25 por cento da paga que xa foi devolto neste exercicio.
Segundo apuntou Feijóo, a devolución deste 25% representará un custo de 50 millóns de euros para o Goberno autonómico. O monto total permitirá unha devolución media de 400 euros por empregado público. A devolución beneficiará a máis de 100.000 persoas, incluídos os traballadores da Xunta de Galicia, das universidades públicas e do ensino concertado.

https://www.youtube.com/watch?v=Ywpzxcktz6o

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.