Este domingo día 8 de agosto vaise disputar a sétima edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Ribeira’: unha competición organizada pola Sociedade Caza e Pesca de Barbanza coa colaboración do Concello, nos que se darán cita algúns dos mellores especialistas de Galicia e mesmo haberá participantes procedentes de Asturias e Portugal.
Os concelleiros Aroa Fernández e Víctor Reiriz, e Eloy Rodríguez no nome da Sociedade Caza e Pesca de Barbanza, explicaron os detalles deste certame, puntuable para a Copa Galicia do ano que vén e no que a día de hoxe hai 33 inscritos.
O campionato dará comezo ben cedo, ás 9 horas no lugar coñecido como Chans de Folgoso no monte Curota.
O vencedor do ano pasado foi o ferrolán Ramón Picallo, que repetirá participación.
Prevese que a entrega de trofeos teña lugar entre as 16 e as 17 horas.