O Concello de Noia fixo entrega dos diplomas da Escola de Pais e Nais, un programa que contou cunha trintena de asistentes divididos en dous grupos

O Concello de Noia fixo onte entrega dos diplomas da Escola de Pais e Nais, un programa que contou cunha trintena de asistentes divididos en dous grupos. O alcalde, Santiago Freire Abeijón; a concelleira Ángela Neri, e a psicóloga Rocío García, foron os encargados de entregar os certificados a preto de vinte participantes.
Cartel de YouTube
A Escola de Nais e Pais pecha unha nova edición cunhas valoracións máis que positivas. “As enquisas que pasamos ás persoas participantes amosan o alto nivel de satisfacción que teñen co programa”, asegurou Rocío García. Unha premisa que ratificaron os e as asistentes á entrega de diplomas.

Salir de la versión móvil