A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas vén de comezar hoxe dúas actuacións para mellorar a estabilidade de dous noiros, un no Concello de Muros e o outro no núcleo de Ribeira. Trátase de tarefas que se levan a cabo mediante os contratos de conservación ordinaria.
As dúas actuacións afectarán a beiravía e unha parte dun carril da estrada, polo que se permitirá o paso alternativo polo carril, regulado mediante sinalistas ou semáforos.