BOIRO será o epicentro do RUGBY GALEGO este sábado

Chega ao Barbanza este sábado o V Torneo Internacional Rugby Praia Vila de Boiro. Un evento que comezará ás 11.00 horas e que está organizado polo barbanza Rugby Club.

Participarán tres categorías, a masculina con 9 equipos, a feminina, tamén con 9 e a dos veteranos, con 5 equipos.

Como diferencia doutros campeonatos, nesta ocasión, a final feminina pechará o torneo.
Levarase a cabo a operación kilo. Cada un dos aistentes poderá levar un kilo de diferntes produtos que se destinarán ao banco de alimentos, así como tódolos beneficios que se recauden deste acto.

Siso Pérez, o presidente do club, asegurou que o torneo trae novidades.

Vanesa, directora deportiva do club que ademais se acaba de proclamar campiona de España de Rugby, tamén asistiu ao acto de presentación e asegurou que participará no torneo.

Tacho González da TVG será o encargado de dar o pregón e ao remate haberá concertos solidarios na praia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.