Despois dunha intensa fin de semana en Rianxo, o mexillón tratará de volver a batir o record de venda esta fin de semana en Cabo de Cruz. Alí, o molusco da ría de Arousa mostrarase en catro versións diferentes, un cóctel que fusiona tradición e innovación. Como sempre, o molusco presentarase ao vapor, pero tamén fará acto de presenza en croquetas rebozadas en panko (un tipo de pan xaponés), aderezado con patacas alioli e polbo, e como complemento de lacón e cachelos, todo iso preparado á feira.
O chef Miguel Mosteiro, de In9 Eventos, a empresa á que o Concello de Boiro encargou un ano máis a organización da festa gastronómica, explicou que o obxectivo é tratar de satisfacer a todo tipo de padais, incluídos os dos máis pequenos.
As persoas que se acheguen á localidade boirense poderán facerse cunha bandexa que incluirá as catro racións e un prato conmemorativo desta edición da cita gastronómica, a número 14, ao prezo de 10 euros.
https://www.youtube.com/watch?v=CAoHJkDqhJo