A oposición asistirá mañá á concentración contra o peche de RADIO BOIRO

Tódolos grupos da oposición acudirán á concentración que organiza o BNG Asambleas Abertas contra o peche de Radio Boiro e que terá lugar mañá ás 20.30 horas na praza do concello.

Esta mesma mañá os diferentes portavoces dos grupos políticos desta localidade se achegaron ao rexistro da casa do concello para entregar un requerimento no que solicitan información relativa ao peche así como a súa inmediata reapertura.
Dende o BNG denuncian esta situación.

Denuncian ademais o xeito no que se produciu o peche da emisora, pois dende a alcaldía, aseguran que non se informou.

https://www.youtube.com/watch?v=dnAvxgJ70ds

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.