Unha nova edición do COMERCIO NA RÚA DA POBRA traerá carpas de todo o BARBANZA e PONTEVEDRA

Tan só quedan dous días para que a praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal volva a acoller unha nova edición do Comercio na Rúa.

O evento arrincará o venres ás 17.00 horas e dará rematá ás 00.00 horas. O resto da fin de semana os postos estarán abertos dende as 11.00 horas.

Un total de 16 carpas con produtos variados e que chegan de tódalas zonas do Barbanza así como de Vila de Cruces, en Pontevedra, ofrecerán aos visitantes produtos de calidade.

O obxectivo deste evento, tal e como explicou o representante do comercio de Deán, Agustín Pérez, é liquidar o saldo sobranre da campaña así como ter liquidez para as vindeiras tempadas.

Durante a fin de semana haberá outros postos que se adiquen á venda de cócteles e o sábado ás 21.00 horas un DJ ofrecerá unha sesión de música de balde.

https://www.youtube.com/watch?v=Cwb8rRW6FxY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.