O Concello de Lousame celebrou na noite do venres unha sesión plenaria e urxente para aprobar unha modificación de crédito e cambiar a data da sesión plenaria ordinaria de maio, que coincidía o venres 26 de maio ás 20:30 horas, derradeiro día da campaña electoral ás eleccións municipais e europeas.
O pleno aprobou, cos 5 votos a favor do PP e as tres abstencións do PSOE, un expediente de modificación de crédito por 44.869 euros para acometer dúas actuacións: 17.953 euros para dotar de equipamento (bancos, papeleiras…) o parque público de Camboño e outros 26.916 euros para traballos de reparación e saneamento da aldea de Figueroa (parroquia de Tállara). Unhas actuacións que se farán con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería, que ascende a 279.291,54 euros, e toda vez que son operacións financeiramente sostibles e non é preciso destinar nada do remanente a reducir débeda, xa que o endebedamento do Concello de Lousame é cero.