BOIRO NOVO volve denunciar a situación de abandono do roteiro medioambiental que comunica BOIRO co CASTELO DE VITRES

Integrantes da asamblea cidadá Boiro Novo visitaron hoxe o lugar de Runs para volver a denunciar o mal estado do roteiro medioambiental que comunica Boiro co Caselo de Vitres.
Xa no mes de xaneiro este grupo político protestaba pola situación de abandono e solicitaba que se acometeran as obras de acondicionamento e reposición do equipamento necesario que permitiran o tránsito íntegro e peonil dos usuarios do roterio medioambiental en todo o seu percorrido.
Aseguran que en todo este tempo, o goberno municipal foi incapaz de acometer as actuacións necesarias para a posta en valor da infraestrutura. Ademais Dores asegura que nun punto do percorrido, no rego de Acevedo existe unha obra ilegal que fai imposible o transito de persoas, co que deixa inutilizado o trazado do roteiro.

https://www.youtube.com/watch?v=dvVn7wmTH2Q

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.