Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, felicitou aos alfombristas de Ponteareas que cubrirán a Grand Place de Bruselas para anunciar a celebración do vindeiro ano Xacobeo 2021

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe na praza do Obradoiro á recreación dunha alfombra floral co logo do Xacobeo 21. Trátase dun adianto da monumental alfombra que os membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizarán na Grand Place de Bruxelas para anunciar a celebración do vindeiro Ano Santo.
https://www.youtube.com/watch?v=jriWMWOEmmw
Durante este acto, o titular de Cultura e Turismo agradeceu “a constancia, perseveranza e dedicación” dos artesás de Ponteareas. “Sabemos que dedicastes infinidade de esforzos no impulso deste proxecto por iso hoxe quero felicitarvos a todos en nome de Galicia”, afirmou Román Rodríguez.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.