O Barbanza estará presente no Campionato Nacional de Bateis que terá lugar mañá en Vigo. Tras o Campionato Galego de Bateis, o Club de Cabo de Cruz co seus infantís ao igual que a A Pobra, Muros cos cadetes e Ribeira coas campioas absolutas asistiran a este Campionato nacional en busca dunha boa posición e acadar así os seus respectivos obxectivos.
https://www.youtube.com/watch?v=_ZuKgPwQRVs
A falta da categoría alevín neste Campionato Nacional de Bateis fai que non poidan acudir os rianxeiros que ocuparon o primeiro posto no Campionato Galego, ou os de Muros que quedaron terceiros.