Unha multitude emocionada recibe ás atletas pobrenses, LIDIA PARADA e IRIA FORJÁN

A atleta pobrense, Lidia Parada que se acaba de proclamar campeona de España absoluta en lanzamento de xabalina, e a súa compañeira de club, Iria Forján que tamén participou nesta campeonato na disciplina de salto de lonxitude foron recibidas esta mañá no concello da vila pola corporación e municipal e por multitude de veciños, amigos e familiares que quixeron acompañar ás deportistas na súa chegada.
Lois Piñeiro e a edil de deportes, Genoveva Hermo aproveitaron a ocasión para felicitar ao clube de atletismo e aos seus adestradores. O exconcelleiro de deportes claramente emocionado deu a noraboa ás rapazas.
Iria asegurou estar moi contenta coa súa temporada ao poder acadar boas marcas, Lidia, tamén moi emocionada agradeceu a presenza dos que ata alí se achegaron e asegurou que o seu obxectivo e participar nos xogos olímpicos do vindeiro ano en río de xaneiro.

https://www.youtube.com/watch?v=APdaqpCJ1uE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.