O conxunto boirense quere aferrarse a posibilidade de saír dos postos de descenso na última recta da tempada.
https://www.youtube.com/watch?v=vZZgHv-cUXM
A pesar da dificultade para saír do descenso, o Boiro ten opcións matemáticas para facelo polo que poñerá todo o empeño e facerse cos tres puntos este domingo contra o Ourense en Barraña. Estes sitúanse novenos na táboa e tamén irán con ganas de levarse a vitoria, xa que se sitúan a 3 puntos dos postos de ascenso. Agardase que unha semana máis a afección boirense encha o campo para animar ata o último momento a un conxunto que busca seguir soñando coa permanencia.