Ribeira

A Policía local de Ribeira incorpora a dous novos axentes e en breve incluirá a un terceiro por mobilidade

Tal e como sae publicado no BOP de hoxe, a Policía Local de Ribeira conta dende esta semana con dous novos axentes unha vez se procedeu ao seu nomeamento oficial despois de que superasen cadanseu proceso selectivo. Trátase de Javier Bragado Díez e Daniel Vidal Bravo.
https://www.youtube.com/watch?v=7qZq_zgO3P0
O seu nomeamento, como funcionarios en prácticas, comezou a surtir efectos o pasado luns, data en que dou comezo un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública na Estrada, imprescindible para poder pasar a ser funcionarios de carreira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.