A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira está a realizar unhas novas xornadas de portas abertas para potenciar e divulgar a súa oferta formativa no eido marítimo-pesqueiro e amosar as súas instalacións a futuros alumnos e alumnas.
O programa tamén inclúe a conferencia A seguridade social do mar: requisitos e incidencias, impartida ás 11.00 horas por un especialista en medicina do Instituto Social da Mariña. Ademais haberá visitas guiadas polo centro e sesións de demostración dos simuladores de ponte e máquinas ata as 14.00 horas.