O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe ao naval galego a seguir apostando pola calidade técnica, a internacionalización e a formación, claves, aseverou, na evolución do sector.
https://www.youtube.com/watch?v=irrKZIkDaF0
Nesta liña, Feijóo resaltou que o naval galego é hoxe unha industria que crece en facturación, sumando, en 2018, máis de 500 millóns de euros en pedidos e en emprego, con 12.000 traballadores. E referiuse ás instalacións do estaleiro de Nodosa Shipyard como exemplo desta aposta, con 10 buques en carteira e carga de traballo para máis de dous anos.
“Falamos dun estaleiro que leva 40 anos de actividade, como un dos pulmóns económicos e laborais da ría de Pontevedra; e que, neste momento, dá emprego a preto de 1.000 traballadores, afirmou.