Ducias de veciños e veciñas de Rianxo participaron este mediodía no acto de repulsa do terrorismo e en recordo do mozo de esta vila e da sua parella mortos nos atentados de Sri Lanka.
Coas bandeiras a media asta o concello de Rianxo acollía esta mañá unha xunta de portavoces, na que se acordou decretar tres días de loito oficial pola morte do veciño de esta vila Alberto Chaves, falecido nos atentados de Sri Lanka, xunto á sua parella, María González, veciña de Pontecesures.