CONDE destaca a aposta de PORTO DO SON e NOIA por “UNHA ECONOMÍA VERDE”

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe a aposta do Concello de Porto do Son por “unha economía verde” sustentada no aforro e na eficiencia enerxética e no emprego de fontes renovables. Unha aposta que lle está a permitir ao municipio obter aforros anuais próximos aos 30.000 euros.
O titular de Economía e Industria estivo acompañado pola delegada territorial, Belén do Campo, polo alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, e polo rexedor de Noia, Miguel Ángel Paz, concello que tamén se ten beneficiado do programa de iluminación pública grazas á presentación dun proxecto conxunto con Porto do Son.
Conde visitou as obras de mellora da iluminación pública realizadas o ano pasado. A actuación, levada a cabo grazas ao programa do Inega, terá continuidade este ano nas zonas de Boiro, Fieiro e A Amoreira. Grazas a esta liña, Porto do Son ten diminuído a súa factura eléctrica en 22.000 euros anuais, acadando ao mesmo tempo unha diminución nas emisións de CO2 de preto de 130 toneladas, o equivalente á plantación de máis de 6.300 árbores.

https://www.youtube.com/watch?v=DMDhlhT00PQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.