O sistema de xestión de multas imposto polo anterior goberno segue a xerar polémica na POBRA

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Lois Piñeiro fixo esta mañá unha intervención aclaratoria sobre a polémica xestión das multas que volveu a xurdir o pasado xoves coa
aprobación no pleno dunha modificación das partidas orzamentarias para o pago ás empresas que xestionan este servizo.
Lois insiste e aclarar que tan só se trata dun trámite para facer efectivo o pago a estas empresas ó que o concello está obrigado. De non ser así implicaría consecuencias negativas para as contas municipais.

A obriga de pagar a estas dúas firmas que na actualidade seguen a prestar servizos ó concello non implica, sen embargo, que o executivo manteña unha liña continuísta. Pola contra, están a estudar un modelo alternativo da xestión das sancións de tráfico.

En setembro rematará o contraro cunha das empresas, e será a partir de aquí cando se leven a cabo as novas fórmulas e se saque a licitación o contrato con Reciges xa que presenta irregularidades.

Dende o novo executivo insisten na necesidade de garantir a seguridade do tráfico pero valorarán as medidas e os dispositivos actuáis.

https://www.youtube.com/watch?v=mSovzJ-NSbM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.